A Rianxeira

A Rianxeira

A virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira (BIS)
descalciña pola area parece unha rianxeira (BIS)

Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van (RETROUSO)
non te embarques rianxeira que te vas a marear

A virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo (BIS)
a barquiña que a leva era de pau de laranxo (BIS)

RETROUSO

Virxiña de Guadalupe quen che puxo moreniña (BIS)
foi un raiño de sol que entrou pola xaneliña (BIS)

RETROUSO

Mariñeiro de Rianxo sexas pobre ou sexas rico (BIS)
levalle a nosa señora nun carabeliño un bico (BIS)

RETROUSO

Que guapa estava a rapaza cando che vin na ribeira (BIS)
tiñala cara morena como a virxe rianxeira (BIS)

RETROUSO

A virxe de Guadalupe sempre a levo conmigo (BIS)
acompañame por sempre como un bo e fiel amigo (BIS)

RETROUSO (BIS)


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.