Moi ben capealo vento
miña dorna mariñeira
moi ben capealo vento
fas como unha boa moza
ai! que anda con dous aun tempo
que anda con dous aun tempo
ai lalelo ai lalalalo
Alá van as dornas do xeito RETROUSO
pescando sardiñas a eito
e van cara a banda do mar
porque en Rianxo algo van a pescar
Nunha lanchiña de vela
pasei a ria de Arousa
nunha lanchiña de vela
non vin cousa mais bonita
ai!nen penso volver a vela
nen penso volver a vela
ai lalelo ai lalalalo
RETROUSO
Parei en Vilaxoane
indo para Vilanova
parei en Vilaxoane
tomei unhas revenidas
ai! moi ben mollaban o pane
moi ben mollaban o pane
ai lalelo ai lalalalo
RETROUSO
De ter as mellores xouvas
Vilaxoan ten a sona
de ter as mellores xouvas
son da praia de Canelas
ai! como elas non ai outras
como elas non ai outras
ai lalelo ai lalalalo
RETROUSO (BIS)
Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.