Teño un amor en Rianxo

Teño un amor en Rianxo

Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,
para velos meus amores teño que cruzala ria,
teño que cruzala ria, teño que cruzala ria,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.

Non lle temas, mariñeiro, ao ventiño do mar, (RETROUSO)
que co vento mareiro da mellor navegar.
Se navegas pola ria de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ao mar.

Levame no teu peteiro,
gaivotiña voa, voa, levame no teu peteiro,
unha cartiña de amores prao meu amor rianxeiro,
prao meu amor rianxeiro, prao meu amor rianxeiro
gaivotiña voa, voa, levame no teu peteiro.

RETROUSO

Vente, ventiño do mare,
vente, ventiño do mare, vente, ventiño mareiro,
vente, ventiño do mare, serás o meu compañeiro,
serás o meu compañeiro, serás o meu compañeiro,
vente, ventiño do mare, vente, ventiño mareiro.

RETROUSO

Collín a dorna en Rianxo,
collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola ria,
da terra de Castelao á terra de Rosalia,
á terra de Rosalia, á terra de Rosalia,
collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola ria.

RETROUSO


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

O sacristám de Coimbra

O sacristám de Coimbra

O sacristám de Coimbra, fazía de mil diabruras, (BIS)
molhaba o pam em azeite, deixaba os santos à escuras, (BIS)

E bate fado e bate bem, ti eres a causa do meu desdem,(BIS)(RETROUSO)

O mar também tem amores, o mar também tem mulhere, (BIS)
está casado coa areia, dá-lhe bicos quantos quere, (BIS)

RETROUSO

Eu quixera ser merlinho e te-lo bico encarnado, (BIS)
para face-lo meu ninho, no teu cabelo dourado, (BIS)

RETROUSO (BIS)


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

O Rodaballo

O Rodaballo

Nunha lancha de Marín con a proa de carballo (BIS)
catro rapaces da Pobra ui ai ai, ui,ai ai
roubaron un rodaballo
catro rapaces da Pobra roubaron un rodaballo

Mala chispa te coma (RETOUSO) (BIS)
mala chispa te de
mala chispa te trague ui ai e

O patrón que alí mandaba, tamén era de Marín (BIS)
dicialle ao rodaballo ui ai ai, ui ai ai
moito miras para min
dicialle ao rodaballo moito miras para min

(RETROUSO) (BIS)

Foronno vender á lonxa e con moito disimulo (BIS)
e quen llo foi a mercare ui ai ai, ui ai ai
a filla do Cachirulo
e quen llo foi a mercare a filla do Cachirulo

(RETROUSO) (BIS)

Teña coidado patrón que este peixe está enmeigado (BIS)
porque xa naceu co sino ui ai ai, ui ai ai
que havia de ser roubado
porque xa naceu co sino que habia de ser roubado

(RETROUSO) (BIS)

Aqui acaba a historia deste peixe rodaballo (BIS)
que por non haver aceite ui ai ai, ui ai ai
houvo que comelo asado
que por non haver aceite houvo que comelo asado

(RETROUSO) (BIS)


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

Ó Rama

Ó Rama

Ó rama, ó que linda rama, ó rama da oliveira! (RETROUSO)
o meu par é o mais lindo, que anda aqui na roda inteira!
que anda aqui na roda inteira, aqui e em qualquer lugar,
ó rama, que linda rama, ó rama do olival!

Eu gosto muito de ouvir,
cantar a quem me aprendeu.
Se houvera quem me ensinara,
quem aprendia era eu!

RETROUSO

Nom invejo de quem tem
carros, parelhas e montes.
Só invejo de quem bebe
a água em todas as fontes.

RETROUSO

Eu esta manhá achei debaixo da minha xanela,
uma cartinha de amores, quem ficaria sem ela.
Quem ficaria sem ela, toda cheinha de flores,
eu esta manhá achei, uma cartinha de amores.

Fui à fonte a beber água,
achei um raminho verde.
Quem o perdeu tinha amores,
quem o achou tinha sede.

RETROUSO

Debaixo da oliveira
nom se pode namorar.
A folha é miudinha,
deixa passar o luar.

RETROUSO


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

O gato

O gato

Xuntáronse catro un dia,
os mellores deste barrio,
mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.

Vai o gato metido nun saco, (RETROUSO)(BIS)
vai o gato prá terra da Laxe,
vai o gato metido nun saco,
ai! gatiño xa non volve mais.

Que mal lles parecería
a calquera deses catro,
que os meteran nun saco
como fixeron co gato.

RETROUSO (BIS)

Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,
agora é un bañista
na praia da Castiñeira.

RETROUSO (BIS)


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

Na beira do mar

Na beira do mar

Olhos verdes som traidores, (BIS)
azules som mentireiros,
os negros e acastanhados som firmes e verdadeiros. (BIS)

Na beira, na beira, na beira do mar (RETROUSO)
hai uma lanchinha pra ir a navegar
pra ir a navegar, pra ir a navegar
na beira, na beira, na beira do mar.

Cinco sentidos che temos, (BIS)
os cinco necessitamos,
pero os cinco che perdemos quando nos namoramos. (BIS)

RETROUSO

Vinte hoje passar a ria, (BIS)
cuns zoquinhos de madeira,
ias tam remangadinha ó passar pola ribeira. (BIS)

RETROUSO

Quando passo pola porta, (BIS)
colho pam e vou comendo,
pra que non digam teus pais que de verte me mantenho. (BIS)

RETROUSO

Chamache-me pera podre, (BIS),
eu a ti maçá podrida,
a pera podre se come, a maçá podre se tira. (BIS)

RETROUSO

Quando eu quixem nom quixe-ches, (BIS)
receber os meus amores,
e agora queiras nom queiras xa che tenho outros melhores. (BIS)

RETROUSO (BIS)


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

Foliada de Vilaxoan

Foliada de Vilaxoan

Moi ben capealo vento
miña dorna mariñeira
moi ben capealo vento
fas como unha boa moza
ai! que anda con dous aun tempo
que anda con dous aun tempo
ai lalelo ai lalalalo

Alá van as dornas do xeito RETROUSO
pescando sardiñas a eito
e van cara a banda do mar
porque en Rianxo algo van a pescar

Nunha lanchiña de vela
pasei a ria de Arousa
nunha lanchiña de vela
non vin cousa mais bonita
ai!nen penso volver a vela
nen penso volver a vela
ai lalelo ai lalalalo

RETROUSO

Parei en Vilaxoane
indo para Vilanova
parei en Vilaxoane
tomei unhas revenidas
ai! moi ben mollaban o pane
moi ben mollaban o pane
ai lalelo ai lalalalo

RETROUSO

De ter as mellores xouvas
Vilaxoan ten a sona
de ter as mellores xouvas
son da praia de Canelas
ai! como elas non ai outras
como elas non ai outras
ai lalelo ai lalalalo

RETROUSO (BIS)


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

Foliada de Pontevedra Planta de Gas Fora da Ria

Foliada de Pontevedra Planta de Gas Fora da Ria

Hai uma planta de gas que ameaça as nossas vidas,
escoitade berra o povo, a planta fora da ria,
a planta fora da ria, ai! la lelo, ai! la lalo.

E no medio e no medio da ria, o gaseiro pasar nom podia, (RETROUSO)
nom podia queria pasare e as chalanas pechavam-lhe o mare,
e as chalanas pechavam-lhe o mare, ai! la lelo, ai! la la la lalo.

Cambiarom muitas chaquetas, comprarom muitas vontades,
Reganosa compra á prensa para calar as verdades,
para calar as verdades, ai! la lelo, ai! la lalo.

RETROUSO

Som ricos e poderosos, governam as nossas vidas,
ainda asi nom nos rendemos, a planta fora da ria,
a planta fora da ria, ai! la lelo, ai! la lalo.

RETROUSO


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

Foliada de Pontevedra

Foliada de Pontevedra


Hei-che de contar um conto, um conto de mil mentiras,
hei-che de contar um conto, um conto todos os dias,
um conto todos os dias, ai! la lelo, ai! la lalo.

E no medio e no medio da ria, ao compás ao compás do cantare,(RETROUSO)
o ventinho que vinha de lonxe, á ventana ia-lhe a petare,
á ventana ia-lhe a petare, ai! la lelo, ai! la la la lalo.

Coitadinho, coitadinho, coitadinho do que chora,
quem come o alho verde, nom o pode botar fora,
nom o pode botar fora, ai! la lelo, ai! la lalo.

RETROUSO

Ei de beber auga santa, na fontinha dos teus olhos,
porque som tam bonitinhos, que volvem ós homes tolos,
que volvem ós homes tolos, ai! la lelo, ai! la lalo.

RETROUSO


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

Foliada de Carril

Foliada de Carril

Nossa senhora da Guia, ai! da guia dos marinheiros (BIS)
guía da nossa quadrinha, guía da nossa quadrinha toda de moços solteiros,
toda de moços solteiros ai! la lelo, ai! la lalo.

Se vas a Carril ao mesmo chegar, (RETROUSO)
verás Cortegada deitada no mar,
deitada no mar, olhando pra ela,
vam os marinheiros, vam os marinheiros nos botes de vela.

Tenho um amor marinheiro, ai! bonito como uma rosa (BIS)
tenho medo que mo quite, tenho medo que mo quite alguma nena envejosa,
alguma nena envejosa ai! la lelo, ai! la lalo.

RETROUSO

Em Carril casou meu pai, ai! em Carril quero casare (BIS)
muito me gustam as moças, muito me gustam as moças que som da beira do mare,
que som da beira do mare ai! la lelo, ai! la lalo.

RETRUSO


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

Carvalheira de Sam Justo

Carvalheira de Sam Justo

Carvalheira de Sam Justo
carvalheira recortada
naquela carvalheirinha
perdim a minha navalha (BIS)
ai! lalelo, ai! lalalo.

Polo Sar abaixo vai, uma troita de pé (RETROUSO)
corre porque chove vai, quem a podera colher
quem a podera colher, quem a podera pilhar
polo Sar abaixo vai, uma troita de pé.

Perdim a minha navalha
que bem fixem em perde-la
fixem-me dali vizinho
e casei coa Rafaela (BIS)
ai! lalelo, ai! lalalo.

RETROUSO

Carvalheira de Sam Justo
que tés casas cara ao rio
pensando na Rafaela
case me morro de frio (BIS)
ai! lalelo, ai! lalalo.

RETROUSO (BIS)


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

A Rianxeira

A Rianxeira

A virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira (BIS)
descalciña pola area parece unha rianxeira (BIS)

Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van (RETROUSO)
non te embarques rianxeira que te vas a marear

A virxe de Guadalupe cando vai para Rianxo (BIS)
a barquiña que a leva era de pau de laranxo (BIS)

RETROUSO

Virxiña de Guadalupe quen che puxo moreniña (BIS)
foi un raiño de sol que entrou pola xaneliña (BIS)

RETROUSO

Mariñeiro de Rianxo sexas pobre ou sexas rico (BIS)
levalle a nosa señora nun carabeliño un bico (BIS)

RETROUSO

Que guapa estava a rapaza cando che vin na ribeira (BIS)
tiñala cara morena como a virxe rianxeira (BIS)

RETROUSO

A virxe de Guadalupe sempre a levo conmigo (BIS)
acompañame por sempre como un bo e fiel amigo (BIS)

RETROUSO (BIS)


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.

A Carolina

A Carolina

A saia da Carolina,ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,o lagarto dálle o rabo.

Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches? Bailei co meu amor,
bailei co meu amor, bailei co meu amor
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!

A Carolina é unha tola que todo fai o revés;
vístese pola cabeza e díspese polos pes

Bailaches, Carolina?
Bailei no cuartel!
Dime con quen bailaches? Bailei co coronel,
bailei co coronel, bailei co coronel
Bailaches, Carolina?
Bailei no cuartel!

O señor cura non baila porque ten unha coroa.
baile, señor cura, baile, que Dios todo llo perdoa.

Bailaches, Carolina?
Bailei abofé!
Dime con quen bailaches? Bailei co meu Xosé,
bailei co meu Xosé, bailei co meu Xosé
Bailaches, Carolina?
Bailei abofé!

No curro da Carolina non entra carro pechado
namais entra Carolina co seu cocho polo rabo.

Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches? Bailei co meu amor,
Co teu amor Carolina non volvas a bailar,
porque che levanta a saia é moi mala de baixar.
Co teu amor Carolina non volvas a bailar,
porque che levanta a saia é moi mala de baixar.


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.