A Carolina

A Carolina

A saia da Carolina,ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila,o lagarto dálle o rabo.

Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches? Bailei co meu amor,
bailei co meu amor, bailei co meu amor
Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!

A Carolina é unha tola que todo fai o revés;
vístese pola cabeza e díspese polos pes

Bailaches, Carolina?
Bailei no cuartel!
Dime con quen bailaches? Bailei co coronel,
bailei co coronel, bailei co coronel
Bailaches, Carolina?
Bailei no cuartel!

O señor cura non baila porque ten unha coroa.
baile, señor cura, baile, que Dios todo llo perdoa.

Bailaches, Carolina?
Bailei abofé!
Dime con quen bailaches? Bailei co meu Xosé,
bailei co meu Xosé, bailei co meu Xosé
Bailaches, Carolina?
Bailei abofé!

No curro da Carolina non entra carro pechado
namais entra Carolina co seu cocho polo rabo.

Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor!
Dime con quen bailaches? Bailei co meu amor,
Co teu amor Carolina non volvas a bailar,
porque che levanta a saia é moi mala de baixar.
Co teu amor Carolina non volvas a bailar,
porque che levanta a saia é moi mala de baixar.


Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.