Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,
para velos meus amores teño que cruzala ria,
teño que cruzala ria, teño que cruzala ria,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.
Non lle temas, mariñeiro, ao ventiño do mar, (RETROUSO)
que co vento mareiro da mellor navegar.
Se navegas pola ria de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ao mar.
Levame no teu peteiro,
gaivotiña voa, voa, levame no teu peteiro,
unha cartiña de amores prao meu amor rianxeiro,
prao meu amor rianxeiro, prao meu amor rianxeiro
gaivotiña voa, voa, levame no teu peteiro.
RETROUSO
Vente, ventiño do mare,
vente, ventiño do mare, vente, ventiño mareiro,
vente, ventiño do mare, serás o meu compañeiro,
serás o meu compañeiro, serás o meu compañeiro,
vente, ventiño do mare, vente, ventiño mareiro.
RETROUSO
Collín a dorna en Rianxo,
collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola ria,
da terra de Castelao á terra de Rosalia,
á terra de Rosalia, á terra de Rosalia,
collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola ria.
RETROUSO
Para aceder ou baixar a letra em formato pdf. clica aquí.